La opción defendida por la UPG se impone con el 79% de los votos de los asistentes a la XV Asamblea Nacional del BNG

Los partidarios de la corriente oficial del BNG que se ha presentado a la XV Asamblea Nacional se ha impuesto en las primeras votaciones del plenario, de manera que la mayoría del plenario ha rechazado todos los votos alternativos y mantiene la refundación de la organización para lo que se da de plazo "máximo, un año", mientras que las alianzas electorales se restringen a una candidatura nacionalista. Finalmente, no fue aceptado llevar a cabo este proceso este mismo 2016. La línea oficial del BNG se impone tras rechazarse los documentos alternativos

El exdiputado Carlos Aymerich anuncia que se marcha del BNG asegurando que "non nos deixan traballar e sinálannos a porta" y que "máis lealdade non se nos pode pedir". Los críticos avivan el debate con la presentación de un texto consensuado frente a la línea oficial. Ana Pontón pide un debate "sosegado" para "traballar" con lo que decida el BNG y Alba Nogueira confía en que se abra "un proxecto con futuro" y basado en el "entendemento".

El exportavoz nacional, Xavier Vence, hace un llamamiento a "retecer" el nacionalismo en una "única sigla" y defiende una "alianza táctica" en las próximas elecciones gallegas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O secretario de organización da Executiva nacional saínte, Bieito Lobeira, puxo en valor a ampla participación da militancia na XV Asemblea nacional do BNG, - máis de 3.500 persoas participaron ao longo de toda a xornada-, e foi o encargado de explicar aos medios os principais acordos políticos adoptados polas bases recollidos no relatorio oficial, que contou con 1.035 votos a favor, 130 en contra e 142 abstencións. Previamente, as bases rexeitaron “de xeito maioritario” as catro emendas á totalidade, explicou.

Con relatorio político aprobado pola militancia, Lobeira explicou os principais acordos que se recollen no texto co obxectivo de recuperar a “iniciativa política e social” a través dun proceso de refundación “que debe culminarse no prazo máximo dun ano” no marco dunha nova asemblea nacional, e sobre unha serie de principios que foron enumerados polo responsable de organización.

“A defensa do dereito de autodeterminación, a defensa da democracia e dos intereses populares, a autoorganización do pobo galego, a solidariedade internacional, a paz e o antiimperialismo e un modelo social sustentable”, sintetizou, como principios que guiarán o proceso de refundación, no que se pretende unha participación moito máis ampla que as propias bases do Bloque.

“Persoas ou colectivos que, aínda sen vinculación co BNG, teñan posicións nacionalistas, galeguistas, independentistas, soberanistas ou que entenden imprescindible que Galiza teña un instrumento político soberano como mellor ferramenta para a defensa dos seus intereses”, explicou Lobeira.

En canto a fórmula de concorrencia electoral, explicou que a maior parte da militancia aprobou que nas vindeiras eleccións autonómicas “o pobo galego vai ter dereito a escoller unha papeleta nacionalista, porque vai haber unha alternativa nacionalista diferenciada e propia deste país, sen dependencia nin tutela de ninguén de fora, que defenda á maioría social e os intereses deste país”, subliñou o actual secretario de organización.

Outra das cuestións aprobadas pola XV AN foi crear un órgano de coordinación municipal entre concellos nacionalistas, -non exclusivamente do BNG-, que actúe como un “contrapoder, mesmo un espazo de soberanía contra a aplicación de medidas contrarias a maioría social, veñan desde a UE, do Estado ou da Xunta”.

No organizativo, a XV AN “reafirma” a condición “frontista” do BNG, a súa condición “asemblearia, democrática e plural”, ao tempo que se aposta por áreas colectivas de traballo. Igualmente, no plano organizativo, a militancia optou por suprimir a actual incompatibilidade entre a Portavocía nacional e a candidatura á Presidencia da Xunta, levantando unha limitación que foi motivada por un momento político superado.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

Autor: 
R.
Imagen de admin

Admin

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut at vulputate sem, at efficitur nibh. Aliquam sit amet nulla vel ipsum ornare commodo a a purus