Blog de Piñeiro, Antonio

share

Soberbia: Calidade e actitude de quen se cre superior ós demais e lles manifesta o seu desprezo; altivez, altiveza, arrogancia, fachenda, orgullo, vaidade.

Velaí, benquerido lector, cómo recolle o diccionario un concepto patrimonial do ser humano e tan propio e tan presente, por desgracia, no cerne mesmo da sociedade actual na que vivimos.

share

Leo as diverxencias de criterio que transcenden entre os responsables dos concellos de Trives e San Xoan de Río e máis alá da casuística singular -é dicir, da letra pequena- que sempre hai neste tipo de desencontros locais e que son os que lle dan explicación ós conflictos, e xórdenme unhas cantas cuestións de carácter xeral sobre o vello e non menos manido asunto das fusións de municipios, que vai intrinsecamente ligada ó debate sobre a viabilidade das deputacións provinciais, por máis que polo de agora ninguén ousara acometelos en conxunto.

share

Igual có Guadiana, que aparece e desaparece ó albedrío da orografía do terreo. E do mesmo có Senado, que tamén aparece e desaparece do debate público en función dos intereses duns e doutros, de novo salta ó patio o vello, manido e nunca -polo de agora- resolto asunto de se hai que acabar definitivamente ou non coas Deputacións provinciais.

Primeiro tróuxoo a colación o efémero documento do efémero vicepresidente do non nato goberno "reformista y de progreso" que dis que quería formar o líder de Podemos denantes mesmo de se sentar a falar co líder dos socialistas.

share

Non lembro cómo se chamaba e certamente tampouco é que me interese moito. Compartín uns intres con el e cunha ducia de persoas, hai preto de catro anos, nunha terraza dos "Jerónimos", despois dun acto na Casa de Galicia de Madrid que tivera como protagonistas a Amancio Prada e á memoria de Celso Emilio Ferreiro.

Para que ninguén me deixe mentir direi que a carón daquela mesa estaban, entre outros, o propio Amancio Prada, o director da Casa de Galicia, o actual alcalde de Ourense e daquela conselleiro de Cultura e o mesmo secretario xeral de Cultura que aínda hoxe ostenta o cargo.