Blog de Gómez Vilabella, Xosé M.

share

-O burro es ti e mailos teus, que desde Rómulo a Mussolini non houbo un romano con ideas propias que valesen un sestercio. (Moedas de bronce que valían dous ases e medio). Te-lo ben claro no caso dos Papas, que todos, ou case todos, son forasteiros. Ata presumides de que plantastes os castiñeiros e mailos loureiros, esquecendo que nós, os oestrimnios, xa vos recibimos con caxatas desas árbores!

share

.../...
O meu sono sesteiro, lixeiro, ía e volvía, indeciso, palpándome nas pálpebras. Teño o costume de durmi-la sesta, o que se di, despunta-lo sono, ¡un mal costume xa que mentres se dorme non se vive! Na Coruña fágoo nunha cadeira Chester, desas acolchadas, pero este cuarto, do Balneario aínda que boísimo de espazos e de vistas, ¡co marmulo do río aos pés!, non tiña cadeiras dese tipo, así que, por falta dun triclinio (Triclinio, triclinium, leito en forma de mesa, para tres persoas) triclineime na cama isabelina, que por ter, ata tiña un dosel paceño!