Blog de Ríos, Xulio

share

A defensa é unha das “catro modernizacións” (coa industria, a agricultura e a ciencia e tecnoloxía) enunciadas nos anos sesenta polo entón primeiro ministro Zhou Enlai para lograr o desenvolvemento do país. A Revolución Cultural (1966-1976) deu ao traste temporalmente con aquel empeño pero a reforma e apertura de Deng Xiaoping (a partir de 1978) rescatou aquel obxectivo que aínda hoxendía, en tempos das “catro tarefas integrais” (sociedade acomodada, Estado de dereito, reforma e disciplina do Partido), segue guiando o discorrer conceptual e fáctico da longa transición chinesa.

share

Desde o inicio da última campaña contra a corrupción en China (finais de 2012), coincidindo coa asunción do liderado por parte de Xi Jinping, máis de 100.000 persoas foron sometidas a investigación e centos de altos funcionarios, militares de máximo rango incluídos e tamén dirixentes de grandes empresas do Estado, entre outros, caeron en desgraza.